Saturday 18 de May de 2024

Máis de 350 rapaces visitarán o Museo do Gravado de Artes dentro do programa municipal “Coñece o teu contorno próximo”


Entre o martes e o venres da semana que vén

O programa “Coñece o teu contorno próximo” impulsado polo Concello a través da Concellería de Educación e o Servizo Municipal de Normalización Lingüística terá na semana que ven unha nova acción: a visita ao Museo do Gravado de Artes de máis de 350 alumnos de ESO e Bacharelato pertencentes a catro centros educativos do municipio: o IES Número 1, o IES Leliadoura e o colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras.

Estes estudantes terán a oportunidade de coñecer as dúas exposicións que se están exhibindo neste momento no museo: os Premios Atlante de Gravado e a mostra colectiva BarbantiaRte. Alí recibirán as explicacións da directora Laura García.

As visitas terán lugar de martes a domingo de acordo coa seguinte programación:

15 de novembro:

Centro: Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras
Hora: 11.00 h
Alumnado: 1º e 2º curso da ESO : 55 alumnos

Centro: IES Número 1 de Ribeira
Hora: ás 16.00 h (1º grupo); ás 17.00 h (2º grupo)
Alumnado: 100 rapaces e rapazas de 4º de ESO (50)

16 de novembro

Centro de ensino: IES Leliadoura
Hora: 11.00 h
Alumnado: 34 alumnos de 4º ESO e 1º bacharelato estudante de Educación Plástica e Debuxo

17 de novembro

Centro: IES Número 1 de Ribeira
Hora: 9.30 h (1º grupo); ás 11.00 h (2º grupo)
Alumnado: 117 rapaces e rapazas de bacharelato

18 de novembro

Centro: Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras
Hora: 11.00 h
Alumnado: 3º e 4º curso da ESO : 47 alumnos